Aguijan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aguijanmap
Remove ads

Aguijan é unha pequena illa situada a 8 km de Tinian, illa separada pola Canle de Tinian na cadea das Illas Marianas do Norte no océano Pacífico.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

Durante a segunda guerra mundial, os xaponeses mantiveron unha gornición en Aguijan.

Aguijan e a súa veciña Tinian forman o municipio de Tinian, unha das catro principais divisións políticas que conforman a Illas Marianas do Norte.

Remove ads

Xeografía

Aguigan só ten un tamaño de 709 kilometros cadrados (274 sq mi), cunha lonxitude de 47 km (29 mi) e un ancho de 18 km (11 mi). É alcumada como "Illa das cabras" debido á gran cantidade de cabras salvaxes alí presentes. Gran parte da vexetación autóctona de Aguijan foi destruída polas cabras.

Aguigan está deshabitada e rara vez é visitada porque está rodeada de abruptos cantís. Non obstante, unha expedición realizada no 2002 sobre a illa atopou alí un puñado de especies autóctonas, incluíndo varias especies de morcego, morcego da froita das Marianas, o morcego de cola de vaíña e o megapodo micronesio Megapodius laperouse.

Naftan Rock

Aproximadamente a 1 km da costa suroeste de Aguijan está Naftan Rock, con 18 m. de altitude.[1]

Remove ads

Historia

É probable que os primeiros avistamentos por parte dos europeos ocorreran durante a expedición española de Fernão de Magalhães, ou polo seu comandante Gonzalo Gómez de Espinosa sendo cartografada como "Santo Ángel". Foi visitado polo misioneiro español Diego Luis de San Vitores en 1669.[2]

Aguijan administrouse como parte das Illas Marianas españolas desde o século XVI ata 1899, cando as Marianas do Norte foron vendidas por España ao Imperio Alemán. Baixo Alemaña, administráronse como parte de Nova Guinea alemá. Durante a primeira guerra mundial, Aguijan quedou baixo o control do Imperio do Xapón e administrouse como parte do Mandato do Pacífico sur. Durante a segunda guerra mundial, o exército imperial xaponés mantivo unha gornición en Aguijan. Esta gornición é digna de mención debido á súa rendición ás forzas Aliadas o 4 de setembro de 1945, dous días despois da rendición do Xapón no USS  Missouri  (BB-63). A rendición é única porque foi a única rendición organizada por un Garda Costas dos EE.UU, o USCG 83525. O almirante da Mariña estadounidense Marshall R. Greer recibiu a rendición do segundo tenente xaponés Kinichi Yamada.[3]

Tras a segunda guerra mundial, Aguijan quedou baixo o control dos Estados Unidos e administrouse como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Desde 1978, a illa forma parte da Mancomunidade das Illas Marianas do Norte.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads