Ar (atmosférico)
mistura de gases que constitúe a atmosfera terrestre From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ar ou aire son os nomes que recibe a combinación de gas que forma a atmosfera da Terra, que permanece dentro do planeta por acción da forza da gravidade.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ar.
O ar é esencial para a vida no planeta, é particularmente delicado e é transparente a simple vista. Está composto en proporcións lixeiramente variábeis por substancias tales como o nitróxeno (78%), osíxeno (21%), vapor de auga (variábel entre 0-7%), ozono, dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon.
A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición do aire. A presión do aire diminúe coa altitude.
O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.
A atmosfera terrestre divídese en catro capas: a troposfera, a estratosfera, a mesosfera e a termosfera. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á Terra: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o argon e o neon. Nesta capa atópanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso clima.
Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de ozono que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ar ![]() |
Ligazóns externas
- Cristina Santolaria De Castro: Síndrome do Edificio Enfermo Muface (en castelán).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads