Cripton

elemento químico de número atómico 36 From Wikipedia, the free encyclopedia

Cripton
Remove ads

O cripton[2] é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Kr e o seu número atómico é 36.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Características principais

O cripton é un gas nobre incoloro, inodoro e insípido de moi pequena reactividade caracterizado por un espectro de liñas verde e vermello-laranxa moi brillantes. É un dos produtos da fisión nuclear do uranio. O cripton sólido é branco, de estrutura cristalina cúbica centrada nas caras ó igual que o resto de gases nobres.

Para propósitos prácticos pode considerarse un gas inerte aínda que se coñecen compostos formados có flúor; ademais pode formar clatratos coa auga ao quedar os seus átomos atrapados na rede de moléculas de auga. Tamén se sintetizaron clatratos con hidroquinona e fenol. É o primeiro dos gases nobres na orde do período para o que se define un valor de electronegatividade.

Remove ads

Aplicacións

A definición da lonxitude do metro estivo entre 1960 e 1983 baseada na radiación emitida polo átomo excitado de cripton; en concreto, o metro estaba definido coma 1 650 763,73 veces a lonxitude de onda da emisión vermella-laranxa dun átomo de Kr-86.

Usase en solitario ou mesturado con neon e argon en lámpadas fluorescentes, en sistemas de iluminación de aeroportos xa que o alcance da luz vermella emitida é maior que a ordinaria incluso en condicións climatolóxicas adversas de néboa, e nas lámpadas incandescentes de filamento de tungsteno de proxectores de cine. O láser de cripton usase en medicina para cirurxía da retina do ollo.[Cómpre referencia]

Remove ads

Historia

O cripton (do grego κρυπτόν, oculto) foi descuberto en 1898 por William Ramsay e Morris Travers nun residuo da evaporación do aire líquido. En 1960, a Oficina Internacional de Pesos e Medidas definiu o metro en función da lonxitude de onda da radiación emitida polo isótopo Kr-86 en substitución da barra patrón. En 1983 a emisión do cripton substituíuse pola distancia percorrida pola luz en 1/299 792 458 segundos.

Abundancia e obtención

Gas raro na atmosfera terrestre, da orde de 1 parte por millón, atópase entre os gases volcánicos e augas termais e en diversos minerais en cantidades moi pequenas. Pode extraerse do aire por destilación fraccionada.

Na atmosfera do planeta Marte atopouse un contido de 0,3 ppm de cripton.

Isótopos

O cripton natural está constituído por seis isótopos estables e ten caracterizados dezasete isótopos radioactivos.

O isótopo Kr-81 é produto de reaccións atmosféricas cós outros isótopos naturais, é radioactivo e ten un período de semidesintegración de 250,000 anos. Ao igual que o xenon, o cripton é extremadamente volátil e escapa con facilidade das augas superficiais, polo que se emprega para datar antigas (50.000 a 800.000 anos) augas subterráneas.

O isótopo Kr-85 é un gas inerte radioactivo cun período de semidesintegración de 10,76 anos que se produce na fisión do uranio e do plutonio. As fontes deste isótopo son as probas nucleares, os reactores nucleares e o reprocesado das barras de combustible dos reactores. Detectouse un forte gradiente deste isótopo entre os hemisferios norte e sur, sendo as concentracións detectadas no polo Norte un 30% máis altas que no polo Sur.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads