Alain-Fournier
escritor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alain-Fournier, pseudónimo de Henri-Alban Fournier, nado en La Chapelle-d'Angillon, Cher, o 3 de outubro de 1886 e finado en combate en Saint-Remy-la-Calonne, Mosa, o 22 de setembro de 1914, foi un escritor francés, autor dunha única novela publicada en vida, O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes, 1913), obra de fondo autobiográfico, na que combinou a irrealidade coa acción, que exerceu unha notable influencia noutros escritores da súa época.[1]
Remove ads
Obra
Le Grand Meaulnes
- Artigo principal: O gran Meaulnes.
O gran Meaulnes (Le Grand Meaulnes), é unha novela publicada en 1913 pola editorial Émile-Paul Frères. Anteriormente fora serializada na revista literaria La Nouvelle Revue française, de xullo a outubro do mesmo ano.[2]
A novela evoca dúas parellas con destinos entrelazados: por unha banda, Augustin Meaulnes, quen, durante unha voda á que asiste por casualidade, namórase de Yvonne de Galais; por outra banda Frantz de Galais, irmán de Yvonne, que se casará con Valentine Blondeau, pero ela deixa ó seu prometido o día da voda. Augustin Meaulnes quere atopar a Yvonne e tenta reunir a Frantz e Valentine. O mellor amigo de Meaulnes é François, o narrador da novela.
A novela é a obra literaria francesa máis traducida e lida do mundo, xusto despois de O Principiño (1943) de Saint-Exupéry.[3] A finais do século XX, vendera máis de catro millóns de copias en formato rústica.[3]
- Edicións en galego
Foi publicada en lingua galega en tradución de Camiño Noia: en 1988 na colección Xabarín de Xerais[4] e en 2010 por Edicións Morgante[5] (Rinoceronte Editora). Traballo recoñecido co Premio de Tradución Plácido Castro en 2011.[6]
Outras obras de Alain-Fournier (todas publicadas postumamente)
- Miracles, 1924. Recompilación de versos e prosas publicados en diferentes revistas.
- Correspondance avec Jacques Rivière, 1926.
- Lettres à sa famille (1905-1914), 1929.
- Lettres au petit B., 1930.
- La Femme empoisonnée, 1944.
- Charles Péguy – Alain-Fournier, Correspondance, Paysages d’une amitié, 1973.
- La peinture, le cœur et l’esprit. Correspondance inédite (1907-1924), 1986.
- Colombe Blanchet – Esquisses d’un second roman inédit, 1990.
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads