Alberte o Magno

filósofo e teólogo medieval From Wikipedia, the free encyclopedia

Alberte o Magno
Remove ads

Alberte o Magno, tamén coñecido como santo Alberte o Magno ou Albertus Magnus, nado en Lauingen contra 1193 e finado en Colonia en 1280, foi un freire dominicano alemán. Fíxose famoso polos seus coñecementos universais e por defender a coexistencia pacífica de ciencia e relixión. É considerado o maior filósofo e teólogo alemán da Idade Media. Foi o primeiro estudoso medieval en aplicar o aristotelismo ao pensamento cristián.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Canonizado en 1931, foi coñecido en vida como Doctor universalis e Doctor expertus, e máis tarde co apelativo de Magnus.[1] A igrexa católica considérao un dos Doutores da Igrexa.

Remove ads

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia nobre de Bavaria entre 1193 e 1206. Foi educado principalmente en Padua, onde estudou os escritos de Aristóteles. En 1223 entrou na orde dominica e estudou teoloxía en Boloña. Ensinou en Colonia, Ratisbona, Friburgo, Estrasburgo e Hildesheim. En 1245 marchou a París para afondar nos seus coñecementos.

En 1254 foi nomeado provincial dos dominicos. En 1260 foi nomeado bispo de Ratisbona, mais dimitiu aos tres anos e retirouse a Bavaria. Un dos seus últimos traballos foi defender a ortodoxia dun dos seus antigos alumnos, Tomé de Aquino.

No estudo das ciencias naturais e da psicoloxía, Alberte o Magno converteuse en precursor cos seus numerosos tratados: “Sobre o ceo e o mundo”, “Sobre a natureza dos lugares”, “Sobre as propiedades dos elementos. "De xeración e corrupción", "De meteoros" (catro libros), "De minerais", "De vexetais", "De animais", "Da natureza e da orixe da alma", "Da nutrición", "Do sentido e sensación", "Do oído físico", "Da memoria", "Da reminiscencia", "Do intelecto e do intelixible", "Do sono e da vixilia", "Da comida e da respiración", "Dos movementos de animais”, “A idade, a mocidade e a vellez”, De morte e vida”. E atribúeselle un traballo de alquimia, aínda sen verosimilitude.

Entre os seus traballos sobre a Sagrada Escritura escribiu: sobre o Antigo Testamento, “Comentarios aos Salmos, ás Lamentacións de Xeremías, aos Libros de Daniel, a Baruc, aos doce profetas menores, a Xob”; en canto ao Novo Testamento, “Comentarios aos catro Evanxeos, e despois ao Apocalipse”; 230 preguntas sobre o evanxeo que relata a Anunciación: “Missus est Angelus”. En canto ao xénero de exposicións didácticas, instrucións orais e sermóns: “Sermóns do tempo e para os santos; 32 sermóns sobre a Eucaristía.“[2]

Editou as obras completas de Aristóteles en tradución latina con notas de comentaristas árabes, interpretadas e sistematizadas de acordo coa doutrina cristiá. A través do Estaxirita, comezou a estudar e comentar as ensinanzas dos grandes filósofos musulmáns, especialmente Avicena e Averroes. O seu discípulo Henry Byren é coñecido polo diorema que leva o seu nome.

Foi beatificado pola Igrexa católica en 1622 e canonizado en 1931. É o patrón dos científicos.

Remove ads

Festa

15 de novembro

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads