Alberto Torrado
músico vigués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alberto Torrado foi o baixista orixinal da banda viguesa de punk rock Siniestro Total e tamén foi baixista dos Resentidos. Torrado fundou Siniestro con Julián Hernández, Germán Coppini e Miguel Costas en 1981. Gravou os álbums ¿Cuándo se come aquí?, Siniestro Total II: El Regreso, Menos mal que nos queda Portugal, Bailaré sobre tu tumba e De hoy no pasa.[1]
Torrado coñeceu a Julián Hernández no Colexio Alemán.[2] No instituto Hernández coñeceu a Miguel Costas e Javier Soto (futuro guitarrista de Siniestro) e os catro comezaron a tocar xuntos nunha banda chamada El Sexteto de Blues. Soto tivo que facer o servizo militar e o resto dos membros formaron Siniestro Total xunto con Germán Coppini.[3] Torrado abandonou o grupo no ano 1987.[1]
Torrado foi o encargado de compoñer a música e a letra dos temas "Al que eyacula Dios le ayuda (1ª Parte)", "Al que eyacula Dios le ayuda (2ªParte)" e "Lávame con vino", ademais de participar na creación dalgunhas das cancións máis coñecidas da banda como "Matar jipis en las Cies" ou "Bailaré sobre tu tumba".[1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads