Albixoi, Mesía
parroquia civil do concello de Mesía From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Mariña de Albixoi[1] é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 122 habitantes (61 mulleres e 61 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Albixoi, de finais do século XVI, é un exemplo de construción rural de gran sinxeleza e sobriedade. Albergou un retablo do século XVIII realizado por Casas e Novoa que foi destruído cara a 1964.
Na aldea de Xestosa consérvanse os restos dun pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado e úlceras...
Remove ads
Festas
- Corpus Christi o 15 de xuño.
- Santa Mariña, 15 e 16 de xullo.
Lugares e parroquias
Lugares de Albixoi
Lugares da parroquia de Albixoi no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
A Carballeira | A Casanova | Castiñeiras | A Fieiteira | O Formigueiro | A Fraga da Lata | A Fraga | A Igrexa | A Lata | Novás | Ousende | O Parceiro | Pereira | Quintás | A Torre | Xemerás | Xestosa |
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads