Alborada (música)

composición musical From Wikipedia, the free encyclopedia

Alborada (música)
Remove ads

A alborada é unha peza instrumental de orixe popular interpretada, casa por casa, polos grupos de gaiteiros no albor dos días das festas dos pobos.[1]

Datos rápidos Orixe cultural, Instrumentos típicos ...
Remove ads

Características

As alboradas son pezas instrumentais, sen acompañamento vocal, que empregan a gaita como instrumento principal. Tócanas tradicionalmente os gaiteiros, no abrente dos días das festas patronais, mentres percorren a localidade casa por casa para dar aviso do comezo das celebracións da xornada. É un xénero musical similar a outras pezas ideadas para o desfile, como as marchas e as ruadas.

No derradeiro terzo do XIX, na época do Rexurdimento da cultura galega, diversos compositores de música culta valéronse destas músicas populares como inspiración para as súas obras. Popularizáronse así moitas alboradas como a Alborada de Verín, a Alborada de Poio, a Alborada de Inzenga ou a Alborada galega[2] de Pascual Veiga unha das pezas galegas de maior simbolismo identitario.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads