Albuixech

From Wikipedia, the free encyclopedia

Albuixechmap
Remove ads

Albuixech (escrito coa actual normativa do catalá: Albuixec, oficialmente: Albuixech), é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.793 habitantes (2008). O topónimo é de orixe árabe, Abu-Saak.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Xeografía

Situado na comarca da Horta Nord, atópase a 9 km da capital Valencia. É un municipio da zona costeira da horta de Valencia, distando a 2 km do centro urbano, é baixa e areosa, cunha extensión de praia de varios quilómetros. Albuixech limita coas localidades de Massalfassar, Museros e Albalat dels Sorells todas da Horta Nord.

Demografía

Albuixech conta cunha poboación de 3.793 habitantes en 2007.

Evolución demográfica
19001910192019301940195019601970198119912000200520072008
1.5141.9242.0472.2482.3012.3102.4072.6412.9742.9633.0323.0003.6463.793

Economía

A economía do concello está baseada tradicionalmente na agricultura. Os cultivos de horta lógranse en rotacións intensivas moi variadas que producen tres colleitas anuais. Na actualidade gañaron peso as industrias fincadas no poligono do Mediterrani e entre elas algunhas multinacionais como Vossloh (antiga Alstom).

Gastronomía

O arroz é a base da cociña máis tipicamente valenciana, predominante en todo o litoral, e o prato máis coñecido é a paella, aínda que tamén destacan o "arroz abanda" (arròs abanda) prato mariñeiro ao que da o sabor dominante o peixe e os mariscos ou o "arròs amb fesols i naps", con carnes de vacún, de porco e, ás veces de pato da Albufeira.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads