Alcalá de Henares
concello da Comunidade de Madrid From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alcalá.
O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor del Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.
A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.
Remove ads
Historia
As orixes da cidade de Alcalá de Henares remóntanse a época prehistórica cuxo asentamento estaba nas elevacións que se coñece como cerro de Zulema ou cerro do Viso, que máis tarde tomaría o nome de San Juan del Viso por unha antiga ermida dedicada a san Xoán Bautista. Os romanos preferiron formar a súa cidade en terreo chairo e así naceu Complutum. Os musulmáns construíron un enclave de defensa, o que máis tarde se coñeceu como Al-Qalat-Nahar ("O castelo do Henares"). Coa Reconquista cristiá, a zona de Complutum trasladou a súa localización definitiva ao redor do que é hoxe a Catedral Maxistral.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcalá de Henares ![]() |
Ligazóns externas
- Concello de Alcalá de Henares (en castelán)
- Sitio oficial de turismo de Alcalá de Henares (en castelán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads