Alce

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alce
Remove ads

O alce ou ante (Alces alces) é o máis grande dos cérvidos. Pode chegar ata 2 m de altura e 800 kg de peso. A cor vai do castaño grisallo ao negro; a cor do fociño e as patas é máis clara. Os machos distínguense doutros cérvidos polos seus grandes cornos en forma de pa e ramiformes. Aliméntase de follas e gromos novos, sobre todo de bidueiros e sabugueiros, e plantas acuáticas no verán. No inverno comendo cortizas de árbores e raíces. Pasa gran parte do tempo preto ou dentro da auga e é un bo nadador.

Thumb
Un alce nun billete de 25 rublos belarusos.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Habita en América do Norte, Escandinavia, Rusia e Siberia. En Europa estivo en risco de se extinguir, pero na actualidade está a se expandir de novo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads