Alejandro Mon Landa

avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Alejandro Mon Landa
Remove ads

Alejandro Mon Landa, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1915, foi un avogado e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Miguel Mon Álvarez Castrillón e de Dolores Landa Pérez, neto de Miguel de Mon y de Miranda, dunha familia fidalga asturiana. Casou coa súa curmá Clementina Landa López[1].

Doutor en Dereito civil e canónico. Membro do Partido Conservador, foi alcalde de Pontevedra (1879-1880) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Cañiza en 1891 e 1893. Volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1898, e reelixido nas sucesivas eleccións até 1910. Foi pai de Alejandro Mon Landa Landa, que o sucedeu como deputado polo mesmo distrito.

En 1907 obtivo xunto con José Riestra López e Gaspar Massó Ferrer a concesión do Tranvía a vapor de Pontevedra á Marín[2].

Foi avó de Gonzalo Fernández de la Mora[3].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads