Alexa Internet
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alexa Internet, Inc. e unha subsidiaria da compañía Amazon.com con sede en California. E coñecida por operar no sitio web alexa.com que prove información acerca da cantidade de visitas que recibe un sitio web e as clasifica. Alexa recolle información dos usuarios que teñen instalado Alexa Toolbar, que lles permite xerar estatísticas acerca da cantidade de visitas e dos enlaces relacionados.[1]
Alexa tamén proporciona unha gráfica onde se pode apreciar o crecemento/decrecemento das visitas a unha páxina web, ademais de información diaria (só das 100.000 primeiras páxinas da clasificación), media semanal e media nos últimos 12 meses.
Remove ads
Historia
Alexa Internet foi fundada en 1996 por Brewster Kahle e Bruce Gilliat.[2] O nome foi escollido en homenaxe á Biblioteca de Alexandría,[3] trazando un paralelo entre o maior coñecemento da antigüidade e o potencial de Internet.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads