Alexandre VII, papa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alexandre VII, nado en Siena (Gran Ducado de Toscana) o 13 de febreiro de 1599 e finado en Roma o 22 de maio de 1667, foi o 237º papa da Igrexa católica e bispo de Roma dende 1655 até a súa morte.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Remove ads
Traxectoria
Primeiros anos, sacerdocio e episcopado
Naceu en Siena como Fabio Chigi. Foi ordenado sacerdote en decembro de 1634, e ao ano seguinte foi nomeado bispo de Nardò. Recibiu a consagración episcopal o 1 de xullo de 1635, de mans do bispo de Malta Miguel Juan Balaguer Camarasa. No consistorio do 19 de febreiro de 1652, o papa Inocencio X creouno cardeal.
Papado
Inicialmente contrario ao nepotismo, durante o seu primeiro ano do seu papado prohibiu aos seus parentes mesmo visitar Roma. Non obstante, durante o consistorio do 2 de abril de 1656, anunciou que o seu irmán e os seus sobriños acudirían a asistirlle quedando a partir de entón en mans dos seus parentes a administración eclesiástica. Esta medida, que supuxo un novo florecemento do nepotismo, complementouna proporcionando aos membros da súa familia que residía na súa cidade natal os postos civís e eclesiásticos mellor pagados así como magníficos pazos e facendas.
Favoreceu os españois nas súas reclamacións sobre Portugal, que restablecera a súa independencia en 1640.
Mantivo a condena contra o xansenismo ao defender este a maldade da natureza humana. Favoreceu aos xesuítas, conseguindo a súa readmisión en Venecia.
Foi inimigo do sucesor do Cardeal Richelieu o tamén poderoso no Reino de Francia, cardeal Mazarino. Este realizou unha política a prol do seu Estado en contra dos intereses da Igrexa católica en Europa.
Fomentou así mesmo a arquitectura e o embelecemento xeral de Roma, onde se derrubaron casas para realizar un novo trazado das rúas romanas, converténdose ademais nun gran mecenas, especialmente de Bernini, a quen encargou a construción da bela columnata da praza da Basílica de San Pedro e confiou obras como a ornamentación da igrexa de Santa María del Popolo.
Canonizou a Francisco de Sales, Ramón Nonato e Tomé de Villanueva.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads