Alfonso Molina

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Alfonso Molina
Remove ads

Alfonso Molina Brandao, nado na Coruña o 15 de maio de 1907 e finado en Río de Xaneiro o 25 de novembro de 1958, foi alcalde da Coruña entre 1947 e 1958.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Placa da Avenida Alfonso Molina.

Nado nunha das máis coñecidas familias coruñesas, o seu avó Alejandro Brandao fora alcalde e o seu pai (Raimundo Molina) un dos promotores do porto a comezos do século XX.

Enxeñeiro de camiños, canais e portos pola Universidade de Madrid especializouse en Urbanismo. En 1934 obtivo praza de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación da Coruña. Iniciada a Guerra Civil foi nomeado presidente da Cámara da Propiedade da Coruña e no 1938 nomeado concelleiro ata 1944. En 1947 foi nomeado alcalde, posto que ocupou ata a súa morte con 51 anos.

No seu mandato como rexedor da Coruña proxectou unha avenida interior, que partise desde a ponte da Pasaxe, subise até Palavea e descendese cara ao río Monelos, e que na Ponte da Pedra se dirixise cara á antiga estación de ferrocarril para ao cabo chegar á praza do Espiño (hoxe praza de Madrid), que se inaugurou co nome de Avenida de Lavedra (deturpación castelanizante do topónimo galego A Vedra[1], correspondente a un antigo lugar polo que pasa a avenida).

A súa morte produciuse durante unha viaxe a Brasil. A chegada do seu cadaleito á cidade foi un acto multitudinario, 100.000 persoas acompañaron o cortexo fúnebre dende o Concello ata o cemiterio de Santo Amaro[2]. Inmediatamente despois da súa morte, foi homenaxeado a título póstumo coa Gran Cruz de Beneficencia e máis coa Medalla de Ouro da Coruña, foi nomeado Fillo Predilecto da cidade e a Avenida de Lavedra pasou a chamarse Avenida Alfonso Molina[3].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads