Alfonso Pazos Cid
avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alfonso Pazos Cid, nado en Ourense e finado en Cidade de México o 8 de marzo de 1978,[1] foi un avogado e político galego.
Remove ads
Traxectoria
Foi presidente da Juventud Republicana de Ourense (1928).[2] Constituíu en 1930 a asociación de escritores Akademos d'Ourens con Cándido Fernández Mazas. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi novamente elixido presidente da Juventud Republicana de Ourense en febreiro de 1931.[3] Foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Non renovou o mandato nas eleccións de 1933, pero volveu ser elixido pola mesma circunscrición nas listas de Unión Republicana nas eleccións xerais de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo no Goberno civil de Ourense dende o día 18 ás ordes do gobernador Gonzalo Martín March formando parte do Comité de Defensa da República. Despois fuxiu e agochouse até pasar a Portugal e Francia con Francisco Dopazo Rodríguez. Logo chegou a Madrid e ao fin da guerra a Valencia. Foi secretario de organización da Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra pasou a Francia e logo exiliouse en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.[4]
Remove ads
Vida persoal
Casou con María del Pilar Bande Rodríguez e foi pai de Alfonso Pazos Bande, e avó de Serxio Pazos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads