Alicia Keys

Cantante e compositora de R&B e soul estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Alicia Keys
Remove ads

Alicia Augello Cook, coñecida como Alicia Keys, nada o 25 de xaneiro de 1981 en Manhattan (Nova York), é unha cantante e compositora de R&B e soul.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

A súa nai, Terri, é ítalo-irlandesa, e o seu pai, Craig, é estadounidense de ascendencia xamaicana. Viviu desde os dous anos xunto á súa influente nai, despois de que os seus pais se separasen. Alicia Keys vendeu en todo o mundo máis de 28 millóns de discos e gañou numerosos premios, incluídos 11 Grammys, 17 Premios Billboard e tres American Music Awards. O seu álbum debut "Songs in a minor" gañou 5 grammys nunha soa noite un récord para as mulleres artistas que comparte con Lauryn Hill (1999), Norah Jones (2003), Beyoncé ( 2004), e Amy Winehouse (2008).

Remove ads

Traxectoria

Criada no barrio de Hell's Kitchen, desde os 7 anos comezou a tocar piano (en especial Chopin) e música clásica. Cun talento similar ó de artistas como D'Angelo ou Prince, seguiu desenvolvendo a composición, produción e gravación do seu primeiro álbum, un disco no que empezou a traballar ós 14 anos, cando escribiu a súa primeira canción, Butterflyz, a que é parte do seu primeiro álbum Songs in A Mirror.

Para "escapar" do barrio onde creceu refuxiouse nos estudos e foi aceptada na Universidade de Columbia, aínda que nunca asistiu por estar xa metida de cheo na súa música.

Clive Davis (o descubridor de Whitney Houston anos atrás) descubriuna en Aresta Records e lanzou o 26 de xuño de 2001 Songs in A Minor co que conseguiu cinco premios Grammy; incluíndo os prezados Mellor Artista Novo e Canción do Ano (por Fallin')

A maior parte dos temas do álbum, incluíndo unha composición tan luminosa como "Fallin'" ou a impactante "Troubles", foron compostos e producidos por ela mesma. Ademais, Alicia colaborou con Jermaine Dupri en "Girlfriend" e con Isaac Hayes en "Rock Wit Ou" (incluído na banda sonora da película "Shaft").

Thumb
Alicia Keys en 2004

En 2003 presentou o seu segundo álbum The Diary of Alicia Keys', un disco inspirado na música americana dos anos 70, producido por Peter Edge, Jeff Robinson e pola propia Alicia Keys. O disco en si, e a colaboración que realizou en 2004 co cantante Usher para o tema "My Boo" valéronlle 8 nomeamentos aos premios Grammy 2005. Gañando en tres ternas por material do álbum e nunha por "My Boo". Cabe destacar o nomeamento de "If I Ain't Got You" como Canción do Ano e do álbum como Disco Do Ano, dous das máis importantes categorías dos Grammy.

En outubro de 2005 lanzouse á venda o disco "Unplugged", álbum en vivo das descontinuadas series de concertos acústicos da MTV que Keys trouxo de novo á luz. O álbum debutou no n°1 de vendas dos Estados Unidos; convertendo a Keys na primeira cantante feminina de r&b en debutar consecutivamente con tres álbums no n°1. Á parte de ser o segundo unplugged con mellores vendas na primeira semana, só superado polo de Nirvana. O disco Unplugged valeulle 4 nomeamentos ós Grammy 2006, máis unha por un dueto co seu corista Jermaine Paul que aparece no disco "So Amazing" (un tributo ao falecido Luther Vandross), a canción nomeada é un remake do clásico de Vandross "If This World Were Mine".

Así, Alicia Keys suma á data 19 nomeamentos ó Grammy, 9 Grammys debaixo do brazo e tres álbums número un nos Estados Unidos.

Recentemente Keys gravou un dueto xunto a Bono de U2 para axudar á organización contra a SIDA, Keep A Child Alive, da cal Keys é portavoz mundial. O tema é unha versión de "Don't Give Up" de Peter Gabriel. Rebautizado por Keys e Bono como: "Don't Give Up (Africa)". Todo o recadado irá en favor da organización que proporciona medicamentos para tratar o VIH nos países máis pobres de África, principalmente para os nenos.

"As I am" saíu á luz o día 13 de novembro de 2007. É un traballo no que contou coa axuda da compositora Linda Perry, que contribúe con tres temas, entre eles "The Thing About Love", canción que Alicia Keys interpretou no Live Earth. Neste disco achegouse máis ó rock e ó funk que en álbums anteriores. "Fun totalmente libre á hora de compoñer e o resultado supera as expectativas", dixo Keys en declaracións a Billboard.

A saída do seu cuarto álbum supuxo un notable éxito de vendas na primeira semana ao vender 742,000 copias,outorgandolle o primeiro lugar no Billboard Pop 200 e converteuse xunto a Britney Spears na única artista feminina en ter os seus primeiros catro álbums no número 1 do Billboard; mentres tanto o Single No one chega á primeira posición do Billboard Hot 100. Tan só en 90 días No one superou as 40000000 visitas en Youtube e foi un dos vídeos musicais máis vistos do ano na páxina.

Principais influencias: Stevie Wonder, Whitney Houston, Marvin Gaye, Nina Simone, Donny Hathaway, Tupac Shakur, Wu Tang e Prince.

Remove ads

Discografía

Thumb
Alicia Keys o 2010.

Álbums

  • Songs in A Minor (2001): #1 (U.S.), #1 (U.S. R&B), #2 (GER) #3 (AUS), #6 (UK), #12 (FRA) (12 millóns de vendas en todo o mundo)
  • The Diary of Alicia Keys (2003): #1 (U.S.), #1 (U.S. R&B), #5 (FRA), #10 (GER), 13 (UK), 22 (AUS) (6 millóns de vendas en todo o mundo)
  • Unplugged (2005): #1 (U.S.), #1 (U.S. R&B), #20 (FRA), #25 (GER), #33 (AUS), #52 (UK)(2 millóns de copias arredor do mundo)
  • As I Am (2007) #1 (U.S) #2 (MEX) #3 (AUS) #5 (FRA) #6 (GER) (máis de 5 400 000 copias vendidas en todo o mundo)
  • The Element of Freedom (2009)
  • Girl on Fire (2012)

Singles

Máis información Ano, Canción ...

Colaboracións en singles

Máis información Ano, Canción ...

Aparicións en álbums

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Vídeos musicais

Máis información Ano, Canción ...

DVD's

  • 2004: The Diary of Alicia Keys
  • 2005: Unplugged

Libros

  • 2004: Tears for Water
  • 2005: The Diary of Alicia Keys
  • 2007: The Songbook

Xiras

  • 2001: Tour in USA
  • 2001-2002: European Tour
  • 2004: Asian/Australian Tour
  • 2004: The Verizon Ladies First Tour (con Beyoncé & Missy Elliott)
  • 2004: European Tour
  • 2005: The Diary Tour in USA

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads