All Over Me

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

All Over Me é un filme de 1997 dirixido por Alex Sichel e escrito por súa irmá Sylvia Sichel. Alex Sichel recibiu unha axuda da Princess Grace Foundation para facer un filme sobre a música riot grrrl e entón pediulle á súa irmá que colaborara con ela.[1]

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Argumento

A protagonista empeza a namorarse dunha rapaza, que parece ser heterosexual, que anda detrás dun home, e coa que ten pensado montar un grupo musical. A amiga acabará co home, caendo nun problema coas drogas, e distanciándose da protagonista, que coñecerá outra rapaza, música, coa que clarificará a súa sexualidade.

Elenco

  • Alison Folland - Claude.
  • Tara Subkoff - Ellen, mellor amiga de Claude.
  • Cole Hauser - Mark, noivo de Ellen.
  • Wilson Cruz - Jesse, compañeiro de traballo de Claude
  • Leisha Hailey - Lucy, a música que coñece Claude.
  • Pat Briggs - Luke, músico, gai, que se fai amigo de Claude.
  • Ann Dowd - Anne, nai de Claude.
  • Gene Canfield - Stewart, mozo de Anne, a nai.
  • Shawn Hatosy - Gus
  • Vincent Pastore - Don
  • David Lee Russek - Dave
Remove ads

Galardóns

Gañou o Teddy Award como mellor filme en 1997 no Festival de Cine de Berlín. Foi candidata ao Grand Jury Prize no Festival de Cinema de Sundance de 1997, para o Open Palm Award nos Gotham Awards de 1997 e para o premio de película destacada dos GLAAD Media Awards de 1998. Alison Folland foi candidata para o Independent Spirit Award e para o Chlotrudis Award como mellor actriz.

Banda sonora

A banda sonora de All Over me foi composta por Miki Navazio.[2]

  1. "Hello" (Babes in Toyland)
  2. "Ellen and Claude Jammin" (Miki Navazio)
  3. "Shy" (Ani Difranco)
  4. "Hole In The Ground" (Helium)
  5. "I Wanna Be Your Joey Ramone" (Sleater-Kinney)
  6. "Game Song" (Tuscadero)
  7. "Jackie Blue" (Ozark Mountain Daredevils)
  8. "Claude Sees Ellen And Mark" (Miki Navazio)
  9. "Squeezebox Days" (The Murmurs)
  10. "Dragon Lady" (Geraldine Fibbers)
  11. "Dynamite" (Alison Pipitone)
  12. "Empty Glasses" (The Amps)
  13. "Descent" (Remy Zero)
  14. "6 a.m. Jullander Shere" (Cornershop)
  15. "The Kiss" (Miki Navazio)
  16. "Dimming Soul" (Michelle Malone)
  17. "Pissing in a River" (Patti Smith Group)
  18. "Superglider" (Drugstore)
  19. "Finale" (Miki Navazio)
  20. "Something's Burning" (12 Rounds)
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads