Almina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Almina foi unha cidade dos kaskas, que antes fora hitita.

Datos rápidos Localización ...

Historia

Os kaskas presumían que nunca podería ser recuperada polos hititas porque toda a comarca era un dominio das tribos máis feroces[1]. Non obstante, o rei Suppiluliumas I entrou nela sobre o -1330, derrotou os kaskas e fortificou Almina, establecendo un mando hitita polo territorio, situándose el mesmo na montaña chamada Kuntiya, na rexión do río Sariya, colocou a Himiuli, que antes exercía un alto lugar na corte (era Xefe de Viños), e a Hannutti, Xefe dos Carros de Combate, situouno na cidade de Parparra.

Os civís hititas estableceron estacións nas cidades dos kaskas (que non estaban fortificadas) e vanse reasentar nas súas cidades amuralladas, e reforzouse a inicial fortificación de Almina.

Segundo Matthews & Glatz [2] estaría situada preto do Gök Irmak, o río Sariya das fontes hititas e Amnias das gregas, na actual provincia de Kastamonu.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads