Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiadosmap
Remove ads

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) é o organismo das Nacións Unidas encargado de protexer os refuxiados e desprazados por persecucións ou conflitos, e promover solucións duradeiras á súa situación, mediante o reasentamento voluntario no seu país de orixe ou no de acollida. Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e máis de 250 oficinas esparexidas por todo o mundo. O dereito ao asilo e refuxio está contemplado na Declaración Universal dos Dereitos Humanos do seguinte xeito:

  1. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a desfrutar del, en calquera país.
  2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delitos comúns ou por actos opostos aos propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948)
Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...

Concedéuselle o Premio Nobel da Paz en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1981, así como o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1991.

Concede anualmente o premio Nansen Refugee Award, (coñecido anteriormente como a Medalla Nansen), a individuos ou grupos que destacaran na causa dos refuxiados.

Remove ads

Creación de ACNUR

Thumb
Sede de ACNUR en Xenebra

O Estatuto da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados foi adoptado na resolución 428 (V) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 14 de decembro de 1950, e iniciou as súas funcións no mes primeiro de 1951, tendo como primeiro decreto o de axudar a reasentar máis dun millón de refuxiados europeos que aínda estaban sen fogar como consecuencia da segunda guerra mundial.

Os antecedentes históricos directos de ACNUR foron:

  • A designación por parte da Sociedade de Nacións dun Alto Comisionado para os Refuxiados en 1922, Fridtjof Nansen
  • A Administración de Socorro e Rehabilitación das Nacións Unidas (United Nations Relief and Rehabilitation Administration)[1] entre 1943 e 1949, creada para axudar aos refuxiados da segunda guerra mundial (aquí o termo Nacións Unidas fai referencia aos países coñecidos como aliados, non á ONU)
  • Organización Internacional dos Refuxiados (International Refugee Organization), axencia especializada das Nacións Unidas de 1946 a 1952.

A Convención sobre o Estatuto dos Refuxiados de 1951 definiu o concepto de refuxiado e estableceu o tratamento que debe recibir, e o Protocolo de 1967 unificou varias resolucións adicionais para ampliar o marco de actuación de ACNUR e os países adheridos.

Remove ads

Alcance actual

Thumb
Paquetes de axuda de ACNUR en Daadab, Kenya, decembro de 2006

Pola expansión das actividades de ACNUR a todo o mundo, e a desprazados dentro dun país ademais de internacionais, o número de persoas que son obxecto de preocupación para ACNUR aumentou considerablemente desde os seus inicios, ao tempo que se acentuou a complexidade do problema do desprazamento forzado. En total, até principios do século XXI, proporcionou asistencia a máis de 111 millóns de refuxiados e desprazados.

A finais de 2009, a poboación total baixo o amparo de ACNUR era de 40 millóns de persoas, en países de todo o mundo. As nacionalidades de orixe da maior parte dos refuxiados ou desprazados son afgáns (2,9 millóns), colombianos (2,5 millóns), iraquís (1,8 millóns), sudaneses (1,6 millóns) e somalís (839.000), sendo os países de acollida principais Colombia (2 millóns), Iraq (1,6 millóns), Paquistán (1,1 millóns), Sudán (1 millón) e Afganistán (960.000).

Persoal de ACNUR

Traballan para ACNUR unhas 7000 persoas por 116 países. Desde principios da década de 1980, ACNUR empezou a traballar con Embaixadores de Boa Vontade,[2] isto é, persoas de renome que empregan a súa fama ou acceso aos medios de comunicación para buscar apoios en favor da causa dos refuxiados. Embaixadores de Boa Vontade de ACNUR e ano do seu nomeamento:

Remove ads

Altos comisionados

Máis información Nome, Data ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads