Asemblea Xeral das Nacións Unidas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas é un dos seis principais órganos das Nacións Unidas. Está constituída polos representantes de tódolos Estados membros das Nacións Unidas e reúnese en sesións anuais dirixidas por un Presidente da Asemblea Xeral elixido de entre os representantes.
Remove ads
Funcións
Como o único órgano da ONU na que están representados tódolos membros, a Asemblea serve como foro para que os membros propoñan iniciativas sobre paz, progreso económico e dereitos humanos. Pode iniciar estudos; facer recomendacións; desenvolver a lei internacional; promove-los dereitos humanos; e fomentar programas internacionais económicos, sociais, culturais e educativos.
A Asemblea Xeral tamén desempeña un papel crucial no financiamento da ONU. Decide o orzamento da organización e as contribucións económicas que os Estados membros deben realizar.[1] Estas decisións requiren unha maioría de dous terzos dos Estados membros.
Ao longo da súa historia, a Asemblea adoptou unha serie de resolucións que tiveron unha influencia significativa no dereito internacional e nas políticas globais. Algúns exemplos son a Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948[2] ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel en 2015.[3] Aínda que as resolucións da Asemblea non son vinculantes, pretenden ofrecer unha orientación moral e política para guiar a acción dos Estados.[4]
Remove ads
Funcionamento
Ademais de sesións regulares anuais, a Asemblea pode convocar sesións extraordinarias en resposta a crises ou eventos significativos a nivel mundial.[5] Estas sesións son convocadas cando se considera que é necesario unha rápida resposta ou mobilización internacional.
O traballo da Asemblea divídese en diferentes comités, cada un dos cales se centra en áreas específicas como desarme, asuntos económicos ou dereitos humanos. Estes comités preparan informes e recomendacións que logo son discutidos e votados na plenaria.[6]
Dentro da estrutura da ONU, a Asemblea Xeral contrasta co Consello de Seguridade, que se encarga de manter a paz e a seguridade internacional e ten a capacidade de adoptar resolucións vinculantes.[7]
Remove ads
Notas
- "Regular budget and working capital fund - Committee on Contributions - UN General Assembly". www.un.org (en inglés). Consultado o 2023-09-12.
- "Declaración Universal dos Dereitos Humanos". United Nations (en portugués). Consultado o 2023-09-12.
- "THE 17 GOALS ; Sustainable Development". sdgs.un.org (en inglés). Consultado o 2023-09-12.
- Nations, United. "Órganos principales ; Naciones Unidas". United Nations (en castelán). Consultado o 2023-09-12.
- "General Assembly of the United Nations". www.un.org (en inglés). Consultado o 2023-09-12.
- "Main Committees of the General Assembly of the United Nations". www.un.org (en inglés). Consultado o 2023-09-12.
- "United Nations Security Council". www.un.org. Consultado o 2023-09-12.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads