Amazon Prime Video

servizo de vídeo por demanda en liña From Wikipedia, the free encyclopedia

Amazon Prime Video
Remove ads

Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.

Datos rápidos Instancia de, Produción ...

Operando en todo o mundo, o servizo pode requirir unha subscrición completa a Prime para acceder. En países como os Estados Unidos, o Reino Unido e Alemaña, pódese acceder ao servizo sen unha subscrición a Prime completa,[1] mentres que en Australia, o Canadá, Francia, a India, Turquía e Italia só se pode acceder a el a través dunha sitio web dedicado. Prime Video ofrece ademais un servizo complementario de contido en forma de canles, chamados Amazon Channels ou Prime Video Channels, que permiten aos usuarios subscribirse a servizos adicionais de subscrición de vídeo doutros provedores de contido dentro de Prime Video.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads