Anafilaxe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A anafilaxe é unha reacción inmunitaria severa, xeneralizada, de rápida instalación e potencialmente mortal, ante o contacto do organismo cunha substancia que provoca alerxia.[1][2]
Remove ads
Características
Con maior frecuencia é o resultado de reaccións inmunolóxicas aos alimentos, medicamentos e picadas de insectos, pero pódea inducir un axente capaz de producir unha desgranulación espontánea, sistémica, de mastocitos ou basófilos.[3]
A anafilaxe diferénciase da alerxia pola extensión da reacción inmunitaria que compromete particularmente ao sistema respiratorio e ao cardiovascular. Cando nas manifestacións da anafilaxe se pon en risco inmediato e repentino a vida do paciente, utilízase o termo choque anafiláctico.
O risco de choque anafiláctico pode ocorrer cando se utilizan medios de contraste en radioloxía, ou se aplican algúns fármacos terapéuticos que se comportan como alérxenos aos cales o suxeito está sensibilizado.
O termo anafilaxe foi acuñado por Charles Robert Richet, que foi galardoado co Premio Nobel de Medicina de 1913, en recoñecemento aos seus traballos sobre a anafilaxe.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads