Anatole de Barthélemy

numismático, historiador e arqueólogo francés From Wikipedia, the free encyclopedia

Anatole de Barthélemy
Remove ads

Jean-Baptiste-Antoine-Anatole de Barthélemy,[2] nado en Reims, Marne, o 1 de xullo de 1821 e finado en Ville-d'Avray, Altos do Sena, o 27 de xuño de 1904, foi un historiador, numismático e arqueólogo francés do século XIX.[3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Orixe familiar e primeiros anos

Anatole de Barthélemy naceu en Reims en 1821, fillo de Antoinette Deu de Vieux-Dampierre —pertencente a unha antiga familia desa cidade— e de Hyacinthe-Cloaud-Félix de Barthélemy, que era subprefecto de Sainte-Menehould, membro do Consello de Estado e comandante da Lexión de Honra.[4][5]

O seu irmán, Edouard de Barthelemy, foi tamén un destacado historiador.[3]

Traxectoria administrativa

Barthélemy estudou Dereito en Poitiers, e logo da súa graduación foi axudante do seu pai como secretario particular na administración de Charente Marítimo. Foi nomeado secretario xeral do departamento de Côtes-d'Armor o 2 de novembro de 1845, cargo que ocupou ata que o Goberno imperial o nomeou subprefecto de Belfort, o 31 de decembro de 1854.[6]

Foi destinado a Neufchâtel o 1 de maio de 1860 mais, ao pouco de se instalar alí, solicitou e obtivo, o 20 de decembro dese mesmo ano, unha excedencia temporal, que acabaría por se converter en definitiva.[7]

Traxectoria erudita

Na súa infancia comezou a coller interese pola numismática; mentres o seu pai administraba o departamento de Saona e Loira, Anatole observou unha moeda gala pouco esperable nunha colección privada de Mâcon, que o levou a escribir un artigo publicado en 1838 na Revue numismatique, dirixida daquela por Louis de La Saussaye. Tiña só 17 anos e foi a súa primeira das numerosas publicacións posteriores.[8]

Logo deste inicio, Anatole de Barthélemy dedicouse aos estudos numismáticos ata a súa morte e deixou publicados dous manuais salientables, un dedicado á Antigüidade e outro á Idade Media e os tempos modernos.[8]

Axiña comezou a ingresar en varias sociedades eruditas, como a Société des Antiquaires de France. Foi nomeado inspector do departamento do Loira e formou parte do consello do noveno Congreso Científico, celebrado en Lión en setembro de 1841, onde leu un informe sobre unha serie de monumentos relixiosos e feudais da antiga provincia de Forez.[8]

En decembro de 1842 ingresou na École Royale des Chartes,[8] e o ano seguinte acadou o diploma de paleógrafo arquiveiro.[9]

O 31 de decembro de 1859 foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra.[7]

Instalado definitivamente en París logo de abandonar a súa vinculación a postos administrativos en 1860, Barthélemy concentrou todos os seus esforzos nos estudos numismáticos e na publicación de artigos sobre ese particular, aínda que aberto tamén a disciplinas afíns, como a arqueoloxía e a historiografía. Retomou e ampliou ata o seu sexto volume unha colección iniciada xa en 1855 con Geslin de Bourgogne, sobre a historia e os monumentos dos bispados da Bretaña; puxo ao día un Nobiliaire d’Alsace; sacou á luz documentos inéditos sobre a Liga Católica na Bretaña, e contribuíu notablemente á fundación da Revue de Champagne e á revitalización da Revue numismatique.[10]

Ao longo da súa longa traxectoria académica, Barthélemy ocupou a presidencia de diversas sociedades eruditas, entre elas a Académie des inscriptions et belles letres, a Société de l'istoire de Paris et de l'Île de France, a Société de l'histoire de France, a Société de l'École des chartes e Société nationale des antiquaires de France.[11]

Remove ads

Vida persoal

Anatole de Barthélemy casou con Marie Aubert en 1859, con quen tivo un fillo e unha filla, esta última finada aos tres anos.[4]

En 1900 comezou a ter problemas de saúde,[12] que derivaron no seu falecemento o 27 de xuño de 1904, aos 82 anos,[13] na súa residencia estival de Ville-d'Avray, nos Altos do Sena.[14]

Publicacións

Publicou os seus artigos en varias das publicacións periódicas máis importantes do seu tempo, como a Bibliothèque de l'École des chartes, a Revue archéologique, a Revue numismatique, a Revue des questions historiques e a Revue celtique, acerca de case todos os períodos da historia de Francia. Ademais, publicou tamén algúns traballos monográficos, de entre os que se poden salientar os seguintes:[3][15][16]

  • (1855-1879). Anciens évêchés de Bretagne, histoire et monuments (con J. Geslin de Bourgogne). Dumoulin, / A. Franc.París Vol. I (1855); Vol. II (1856); Vol.III (1864); Vol. IV (1864); Vol. V (1879); Vol. VI (1879).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads