Ancona
comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ancona é un concello italiano da provincia homónima, na rexión das Marcas. Ten 101.210 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 123 km², cunha densidade de poboación de 818 hab/km².
Fai fronteira cos concellos de: Agugliano, Camerano, Camerata Picena, Falconara Marittima, Offagna, Osimo, Polverigi e Sirolo.
Remove ads
Historia
A cidade antiga fundárona refuxiados de Siracusa por volta do -390, que lle deron o nome de Αγκων, os romanos ocupáronna como estación naval na Guerra iliria de -178, durante a época imperial o seu porto tivo moita importancia ao ser o máis próximo a Dalmacia, Traxano encargou a Apolodoro de Damasco amplialo.
Despois da caída do Imperio Romano, os godos, longobardos e musulmáns atacaron Ancona. En tempos do exarcado de Rávena foi unha das cidades da Pentápole, con Fano, Pésaro, Senigallia e Rímini, converténdose nunha república semiindependente baixo a protección dos papas, ata que Gonzaga a conquistou no nome do papa Clemente VII (1532)

Remove ads
Arquitectura
- O Arco de triunfo de Traxano, século II, proxectado por Apolodoro de Damasco.
- A Catedral de San Ciriaco, séculos XII e XIII.
- O Lazareto (Laemocomium o "Mole Vanvitelliana"), planeado polo arquitecto Luigi Vanvitelli en 1732.
- O Pazo Episcopal, lugar onde morreu o Papa Pío II en 1464.
- O templo de Santa Maria della Piazza cunha elaborada fachada arcada que data de 1210.
- O Palazzo del Comune, obra de Margaritone d'Arezzo.
Remove ads
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
- Anconetano ou agontano (moeda)
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ancona |
Ligazóns externas
- Web oficial do concello (en italiano) Arquivado 05 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads