Andaman do Sur

From Wikipedia, the free encyclopedia

Andaman do Sur
Remove ads

A illa Andaman do Sur[1] de Andaman é a illa máis austral de Gran Andaman e é o fogar da maioría da poboación das Illas Andaman. Pertence ao distrito administrativo de sur Andaman, parte do territorio da India das illas de Andaman e Nicobar.[2] É a localización de Port Blair, capital das illas de Andaman e de Nicobar. Port Blair, a capital das illas, está situado na parte sur da illa.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Remove ads

Historia

A illa de Andaman do sur foi golpeada polo terremoto do océano Índico de 2004, causando moitas mortes na illa.

Xeografía

A illa pertence á Gran Cadea de Andaman.Algunhas zonas da illa están restrinxidas para os estranxeiros, con todo, os permisos de tránsito pódense obter do Ministerio do Interior. Do mesmo xeito que o resto do arquipélago.

Andaman do Sur é a terceira illa máis grande do grupo. Está situado inmediatamente ao sur da illa de Andaman do Medio e de Baratang, da cal está separada soamente por unha estreita canle dalgúns centos de metros de ancho. A illa ten 83 km de longo e 28 km na súa parte máis larga. A súa superficie é de 1.262 km².

Andaman do Sur é menos montañoso que a máis setentrional das illas de Andaman. Koiob alcanza unha altura de 459 m. sobre o nivel do mar.[3] [4]

Remove ads

Administración

Politicamente, a illa de Andaman do Sur ten os tehsils de Ferrargunj e de Port Blair.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads