Andrea de Pazzi

político italiano From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrea de Pazzi
Remove ads

Andrea di Guglielmo de Pazzi, nado en Florencia en 1372 e finado o 19 de outubro de 1445, foi un importante comerciante, banqueiro e político italiano de República de Florencia, que encargou a Capela Pazzi a Filippo Brunelleschi.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Tamén é coñecido por se-lo pai de Jacopo de Pazzi e avó de Francesco e Guglielmo de Pazzi.

Remove ads

Traxectoria

Seu pai, Guglielmo de Pazzi, e súa nai, Costanza de Bardi, eran descendentes de dúas prestixiosas dinastías de ricos banqueiros, pertencentes á facción política güelfa.[1] Andrea recibiu un importante patrimonio que incrementou mediante participacións en diferentes empresas comerciais e bancarias, en talleres para a arte da seda e vendendo tecidos e realizando inversións privadas na contratación de impostos no estranxeiro.[2]

Comezou

Carreira política

Andrea comezou a súa carreira política en 1411 como conselleiro da República e no 1413, converteuse en capitán dos güelfos. Era moi estimado polos seus concidadáns e dirixiu numerosas misións diplomáticas, entre elas a de pactar co entón papa Xoán XXIII, antipapa. No 1420, marchou a Xénova como embaixador e entre 1431 e 1438, exerceu de cónsul da Casa da Moeda.

Porén, a súa carreira viuse obstaculizada polo feito de que a familia Pazzi pertencía á lista de Magnates, familias nobres que foron excluídas de cargos políticos públicos debido ás Ordenanzas de Xustiza de Giano della Bella.

No 1434, aliouse con Cosimo de Medici, que tamén estaba casado cunha Bardi, Contessina, e asegurou que a familia Pazzi quedase rexistrada entre os Popolari, para permitirlles unha carreira política. Nese mesmo ano Andrea foi nomeado cabaleiro por Renato de Anjou. No 1437, foi cónsul da Arte da La e pouco despois, no 1439, prior das Artes.[2]

Descendencia

Casou con Caterina Salviati en 1490, que tamén era dunha importante familia florentina.[2] Con ela tivo sete fillos, catro fillos e tres fillas:

  • Antonio (1410-1458), casado con Nicolosa degli Alessandri. Tiveron tres fillos, incluíndo Francesco, implicado na Conspiración Pazzi, e Guglielmo, quen casou con Bianca de Medici, a neta de Cosimo e irmá de Lourenzo o Magnífico, e tiveron seis fillas.
  • Apolonia
  • Guglielmo (nado no 1415, quizais morto como neno).
  • Piero (1416-1464). Tivo sete nenos, incluíndo Renato de Pazzi, morto despois do fracaso da Conspiración Pazzi.
  • Elena, chamada tamén Lena (nada no 1418)
  • Albiera (nada no 1420)
  • Jacopo (1423 - 1478), implicado na Conspiración Pazzi.
Remove ads

Capela Pazzi

No 1429, encargou a Filippo Brunelleschi a realización da Capela Pazzi, unha obra mestra do Renacemento, na Igrexa da Santa Croce de Florencia, mais quedou sen rematar cando a familia Pazzi tivo que se exiliar de Florencia trala denominada Conspiración Pazzi en 1478.[2]

  • Na primeira tempada da serie de televisión Medici, Andrea de' Pazzi é representado polo actor italiano Daniel Caltagirone.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads