Andreas Libavius
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.
Remove ads
Traxectoria
O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.
Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.
Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.
Remove ads
Galería de imaxes
- Portada de Alchemia.
- Commentationvm metallicarvm...
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads