Andreas Papandreu

político grego From Wikipedia, the free encyclopedia

Andreas Papandreu
Remove ads

Andreas Georgios Papandreu (en grego: Ανδρέας Γεώργιος Παπανδρέου[1]), nado en Quíos o 5 de febreiro de 1919 e finado en Atenas o 23 de xuño de 1996, foi un economista e político grego, coñecido por fundar o partido político PASOK, que liderou de 1974 a 1996. Foi o primeiro ministro de Grecia en tres lexislaturas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Nunha enquisa relizada por Kathimerini en 2007, o 48% dos preguntados considerou a Papandreu o "primeiro ministro grego máis importante".[2]

Remove ads

Traxectoria

Naceu o 5 de febreiro de 1919 na illa de Quíos, fillo de Zofia (Sofia) Mineyko (1883–1981) e o líder político liberal Georgios Papandreu. En 1923 a familia Papandreu marchou a Atenas.

En 1936, Andreas Papandreu, aínda no colexio, foi arrestado por primeira vez pola ditadura de Ioannis Metaxas por trotskismo. Despois de declaracións do seu pai, permitíronlle marchar aos Estados Unidos.[3] En 1941, cando estaba no terceiro ano de estudo na Facultade de Dereito da Universidade de Atenas, foi detido de novo polo mesmo motivo. Despois do seu encarceramento, fuxiu aos Estados Unidos, onde estudou economía e filosofía na Universidade Harvard.

Papandreu permaneceu nos Estados Unidos durante vinte anos e en 1943 foi nomeado lector en Harvard, en 1947 profesor asistente e posteriormente profesor na Universidade de Minnesota e en UCLA, entre outras universidades. En 1959 regresou a Grecia e en 1961 foi nomeado presidente do consello de administración e director científico xeral do Centro de Investigacións Económicas de Grecia e director do Banco de Grecia (1961-1962). En 1962 comezou a súa carreira política e foi nomeado ministro en 1964. Cando se impuxo a ditadura dos coroneis en 1967, foi detido de novo e ao ano seguinte fuxiu ao estranxeiro,[4] primeiro a Suecia e despois ao Canadá.

Thumb
Andreas Papandreu con Bill Clinton

A partir de 1968 fundou o Movemento Libertador Panhelénico (coñecido como PAK) que actuaba contra a ditadura. Despois da restauración da democracia en Grecia en 1974, regresou do exilio e fundou o PASOK (Movemento Socialista Panhelénico) do que chegou a ser presidente. En 1981, Papandreu, como presidente do PASOK, foi elixido primeiro ministro de Grecia por primeira vez, para ser reelixido nas eleccións de 1985. En 1988 foi sometido a unha operación cardíaca moi grave no hospital Herfield de Londres. En 1989 perdeu as eleccións, que gañou de novo en 1993. En 1995 tivo problemas coa súa saúde que o obrigaron a dimitir como primeiro ministro en 1996. O 23 de xuño de 1996 faleceu por mor dun paro cardíaco.

Remove ads

Vida persoal

Papandreu estivo casado con Christina Rasia entre 1941 e 1951. En 1948 comezou unha relación coa estudante de xornalismo da Universidade de Minnesota Margaret Chant, nada en 1924, filla de Douglas Chant e Hulda Pfund.[5]

Despois de que Chant obtivese o divorcio e do seu propio divorcio de Rasia, Papandreu e Chant casaron en 1951. Tiveron tres fillos e unha filla. Coa actriz e presentadora de televisión sueca Ragna Nyblom, tamén tivo unha filla, Emilia Nyblom, nada en Suecia en 1969.[6][7] O seu fillo, Georgios Andreas Papandreu, foi tamén primeiro ministro de Grecia desde 2009 ata 2011.

Papandreou divorciouse da súa segunda esposa en 1989 e casou con Dimitra Liani, 37 anos máis nova ca el.[8] O testamentou de Papandreu foi controvertido porque legou todo á súa esposa de 41 anos e nada á súa esposa durante 38 anos nin a ningún dos seus cinco fillos.[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads