Androlla

embutido elaborado con costela de porco, pemento, sal e allo From Wikipedia, the free encyclopedia

Androlla
Remove ads

A androlla é un embutido cárnico elaborado con costela de porco, pemento, sal e allo. Consómese normalmente cocida acompañada de cachelos e verdura ou dun cocido, aínda que tamén se pode preparar asada no forno ou grellada.

Datos rápidos Tipo, Gastronomía ...
Thumb
Lacón con grelos: chourizos, androlla, xarrete de vaca, grelos e patacas.

Este manxar típico do sueste Ourense e de Lugo e do Bierzo ten a súa festa na vila de Viana do Bolo[1] coincidindo tódolos anos co domingo de entroido e na vila da montaña lucense Navia de Suarna[2].

Remove ads

Preparación

A androlla emprega o anaco de maior diámetro do intestino groso (corresponde co cego) para servir de recipiente para o produto. No recheo, este embutido usa principalmente costela e carne, se ben tamén pode levar cachos de coiro. Con todo isto, semella que nalgunhas zonas o recheo eran as propias tripas gordas adubadas cunha salsa picante[3].

Etimoloxía

A denominación androlla vén do francés andouille, como se coñece na Bretaña e Normandía a un embutido moi similar[4]. A denominación francesa, xa existente na Idade Media, provén do latín vulgar inductile, do verbo latino inducere 'introducir'[3], que se refire 'ao que é introducido' (no botelo neste caso). Da palabra francesa deriva tamén a 'nduja italiana, típica na rexión de Calabria[5].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads