Aneto
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O aneto ou endro (Anethum graveolens) é unha planta herbácea de curta vida. Medra silvestre nos campos da Península Ibérica, sobre todo no val do Ebro e en Andalucía, resto da Europa meridional, Exipto, Asia Menor, África do Norte, cultívase en Alemaña, Hungría, Italia, Gran Bretaña, Países Baixos, India, Paquistán, Estados Unidos para a súa utilización nos sectores farmacéutico, cosmético, alimentario e para a produción de licores.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aneto (homónimos).
É unha planta anual de entre 60 e 150 cm, co talo feble e oco, as flores amarelas, os froitos de cor castaña e arrodeados por unha película clara, cun cheiro aromático. Moi utilizada, tradicionalmente, xa polos gregos e romanos, na condimentación dos guisos de peixe, e posteriormente noutro tipo de comidas, en Francia utilízase na repostería e en Escandinavia adóbanse os cogombros co aneto. Tamén se coce para expulsar os gases que se forman no aparato dixestivo.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aneto |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aneto |
![]() |
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads