Angazo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Angazo
Remove ads

O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.

Thumb
Anciño tradicional de madeira, incluídos os dentes
Thumb
Anciño moderno para angazar follas

Etimoloxía

Non existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos angazo e engazo, e mais as variantes correspondentes ás zonas de gheada e seseo, poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada hamicaceus[1], e que derivaría de hamus (co significado clásico de anzol ou gancho)[2]. Anciño e enciño, e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada uncinus, que sería derivada de uncus (co significado clásico de gancho)[3]. Finalmente, os termos rastra e rastrelo deberon ter orixe na forma do latín clásico rastrum, que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola. Tamén pode vir de xermánico *angon = 'espiña, pincho'[4], aínda que a etimoloxía máis posible é a que se basea nun prerromano *ankatio e *ankino en relación ao asturiano angazu ou angüezu < *ankotio, irlandés antigo écath 'anzol' < *ankoto, medio galés anghad < *ankoto[5].

Remove ads

Descrición

Orixinariamente elaborado integramente en madeira e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insiren varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amorear follas, herba, palla etc.

Os angazos e anciños modernos poden estar fabricados con outros materiais, como metais nos máis resistentes e para labores máis pesados, e con plásticos, cana, bambú etc, para traballos máis lixeiros, como os de xardinaría.

Remove ads

Historia

Thumb
A muller da esquerda do espectador está a manexar un angazo, ·Xuño", ilustración de 1412-1416, dos Irmáns Limbourg, no Les Très Riches Heures du Duc de Berry

Pode figurar tamén como motivo heráldico en escudos familiares.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads