Angra dos Reis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Angra dos Reismap
Remove ads

Angra dos Reis é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada na costa sur do estado. O seu litoral ten 365 illas, sendo a máis importante a Ilha Grande (Illa Grande).[1] Ten unha área de 813,4 km² e unha poboación de 167.434 habitantes.[2] Os concellos limítrofes son Parati, Rio Claro e Mangaratiba, no estado de Río de Xaneiro, e Bananal e São José do Barreiro, no estado de São Paulo.

Datos rápidos Localización, Poboación ...

A maior parte da área urbana está rodeada de outeiros, o que contribuíu a que se vexa afectada por desastres naturais como deslizamentos de terra. De acordo con o censo de 2010, aproximadamente o 36 % da poboación de Angra vive en favelas, situadas en outeiros ou en zonas de mangleiros. Isto sitúa a cidade no décimo lugar entre as cidades brasileiras en canto á proporción de fogares neste tipo de aglomeración urbana no país.[3]

As dúas centrais atómicas brasileiras están instaladas no municipio.[4] É tamén un porto pesqueiro e ten algunhas industrias. Mais a actividade económica que a fai coñecida no Brasil é o turismo nas súas illas e praias, nas áreas de Mata Atlántica preservadas no continente e na Ilha Grande e o mergullo nas súas augas.

Remove ads

Historia

Unha expedición portuguesa liderada por Gonçalo Coelho chegou o 6 de xaneiro de 1502,[5][6] a unha baía ou cala que encantou a todos. Chamárona Angra dos Reis, en homenaxe á visita dos Reis Magos ao neno Xesús, que se celebra ese día. A aldea alí construída chamouse, inicialmente, Vila dos Três Santos Reis, despois Vila de Angra dos Reis e, finalmente, Angra dos Reis.[7].

Thumb
O porto de Angra dos Reis.
Remove ads

Véxase tamén

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads