Anisáquidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anisáquidos
Remove ads

A dos anisáquidos (Anisakidae) é unha familia de vermes nematodos da clase dos secernénteos e orde dos ascarídidos que parasitan, en estado adulto, mamíferos mariños, peixes e outros animais que viven no mar. No home son causa da enfermidade denominada anisaquíase, producida pola inxestión de larvas vivas presentes no peixe, cando o consome cru ou insuficientemente cociñado.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...

As especies máis frecuentemente involucradas nesta parasitación son as seguintes:

  • Anisakis simplex e A. physeteris
  • Pseudoterranova decipiens
  • Contracaecum spp

O Anisakis simplex é, con moito, a especie máis característica. Estímase que o 97 % dos casos de anisaquíase se debe a esta especie e o 3 % restante ao Pseudoterranova (Martínez Ubeira). Os últimos estudos consideran que Anisakis simplex é un complexo formado polo A. simplex sensu stricto (ou A. simplex B), o A. pegreffi (A. simplex A) e o A. simplex C. Das tres especies, a primeira é a máis abundante.

Remove ads

Descrición

Thumb
Anisakis do bacallau, vistos por transpariencia

Os ovos do Anisakis son ovalados, dunhas 45-50 micrómetros, e coa casca fina e transparente. Cando son depositados no medio mariño non están embrionados.

As larvas L3, xa infestantes, son filiformes, de 2–3 cm de lonxitude e de cor abrancazada. A do xénero Pseudoterranova é maior (de ata 45 mm) e de cor marrón ou avermellada. No terzo anterior do corpo mostran unha mancha branca que corresponde co ventrículo. No extremo cefálico mostran un dente único (dente de penetración), a boca (provista de pequenos dentículos) e o poro excretor. No extremo caudal mostran un avultamento (o mucrón), propio dos nematodos e que desaparece ao mudar a larva 4.

Ciclo biolóxico

Artigo principal: Anisaquíase.
Thumb
Ciclo biolóxico do Anisakis simplex (Alexander J. da Silva, PhD / Melanie Moser, do Centro de Control de Enfermidades).

Nos Anisakis, o ciclo biolóxico é complexo e interveñen varios hospedadores.

O verme adulto parasita o aparato dixestivo de mamíferos mariños (grandes e pequenos cetáceos e mais focas), provocando fortes úlceras na parede do estómago. Pon os ovos na luz intestinal e estes son expulsados coas feces ao medio mariño. Na auga prodúcese o desenvolvemento embrionario que atravesa por tres fases larvais (L1, L2 e L3). Eclosionan ao cabo de 4-8 días, se a auga está a temperaturas de 15 a 18 °C.

A larva L3 é de vida libre e nada no medio mariño, formando parte do plancto, co que son inxeridas polos hospedadores intermedios (normalmente copépodos e outros pequenos crustáceos). No interior destes migran cara ao hemocele e rematan a maduración, converténdose en larvas infestantes. Estes crustáceos son, á súa vez, presa de diferentes especies de peixes e cefalópodos [1] e a larva pasa neles á cavidade corporal, tras atravesar a parede gastrointestinal.

Nos peixes, as larvas localízanse principalmente sobre o fígado (baixo o tecido conectivo que o rodea) ou nas ovas, pero son quen de desprazarse activamente para encapsularse na musculatura, especialmente nos músculos que rodean a cavidade abdominal aínda que poden chegar á carne inmediata á espiña; nos cefalópodos adoitan fixarse na parede externa do estómago e só raramente na musculatura do manto.

No hospedador intermediario as larvas aparecen soltas, móbiles, sobre as vísceras ou fixadas a estas ou ao peritoneo do peixe. Cando se localizan na musculatura aparecen inmóbiles, enroladas en espiral, formando un disco abrancazado duns 2–3 mm de diámetro.

Cando un mamífero mariño come o peixe parasitado péchase o ciclo. A larva penetra na parede do estómago, muda outra vez (L4) e alcanza a madurez sexual. Normalmente os vermes adultos aparecen agrupados, 50-100 exemplares, en úlceras de ata 6 cm de diámetro.

No caso do Pseudoterranova decipiens, os hospedadores definitivos adoitan ser unicamente pinnípedes e os intermediarios son crustáceos mísidos.

A intervención do home neste ciclo biolóxico é accidental e rompe o ciclo: constitúe un hospedador paraténico [2]

Aínda que no home as larvas provoquen a enfermidade da anisaquíase, nunca chegan ao estado adulto, pero non resulta infrecuente atopar no tracto gastrointestinal humano fases intermedias entre L3 e L4 e mesmo estas últimas xa desenvolvidas.

Remove ads

Xéneros

Thumb
Anisakis extraídos dunha pescada.

A familia comprende varios xéneros, entre eles:

  • Anisakis Dujardin, 1845
  • Contracaecum Railliet & Henry, 1912
  • Goezia Zeder, 1800
  • Heterotyphlum Spaul, 1927
  • Paranisakis Baylis, 1923
  • Pseudoterranova Layman & Borovkova, 1926
  • Phocascaris Höst, 1932
  • Raphidascaroides Yamaguti, 1941
  • Rhaphidascaris Railiet & Henry, 1915
  • Terranova Leiper et Atkinson, 1914
  • Thynnascaris Dollfus, 1933
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads