Anne Hidalgo
Política francesa. Alcaldesa de París From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París.
Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.[1]
Remove ads
Biografía
Primeiros anos e formación
Nada en 1959, en San Fernando, Provincia de Cádiz, cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a vivir a Lión, en Francia, onde cursou estudos universitarios.[2][3] En 1973 ela e a súa familia se naturalizaron franceses. Cambiou o seu nome de nacemento, Ana, por Anne. Despois trasladouse a París.
Funcionaria e política
En 1982 gañou unhas oposicións para traballar como funcionaria na Inspection du travail. Os seus pais xa volveran a San Fernando, onde ela viaxa con frecuencia, pero Hidalgo elixiu seguir en Francia.
Pertence ao Partido Socialista francés desde 1994. Entre 1997 e 2002 traballou en tres ministerios, destacando a súa colaboración na elaboración de leis sobre paridade e igualdade profesional entre homes e mulleres. De 2001 a marzo de 2014 foi a primeira adxunta do anterior alcalde de París, o socialista Bertrand Delanoë. En 2003 tramitou a dobre nacionalidade francesa e española. O 26 de xuño de 2004 contraeu matrimonio en segundas nupcias con Jean-Marc Germain, con quen ten un fillo.[4][5] Ela ten dous fillos máis dunha relación precedente.
Retirouse como funcionaria en 2011.[6]
Alcaldesa de París
O 30 de marzo de 2014 converteuse na primeira alcaldesa da historia de París, logrando a vitoria fronte á aspirante conservadora Nathalie Kosciusko-Morizet co 54,5% dos votos, aínda que Hidalgo perdeu na primeira volta.[7]
Remove ads
Vida persoal
A pesar de ter unha educación católica, Hidalgo é abertamente atea.[8][9][10]
Condecoracións
- Comendadora da Orde de Isabel a Católica.
- Dama da Lexión de Honra francesa.
- Gran Cruz da Orde da Estrela Polar sueca.
- Premio Federico Joly.[11]
- Medalla de Andalucía (2006).[12]
- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (2015).[13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads