Anténula
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nos crustáceos denomínase anténula,[1][2] ou primeira antena,[3] a cada un dos apéndices da cabeza destes animais, situados no primeiro somito cefálico —metámero soldado—, postrerior ao ácron).[3]

Estes apéndices son unirrámeos, aínda que nos malacostráceos teñan dous ou até tres flaxelos anelados.[3]
As anténulas están constituídas por unha base, provista dun estatocisto, e dun flaxelo articulado que ten sedas olfactivas, polo que a súa función é sensorial.[2][3]
Como excepción, nalgunhas especies as anténulas están adaptadas á prensión e/ou a locomoción.[3]
Remove ads
Etimoloxía
A voz anténula está formada pola raíz do substantivo antena, derivado do latín antēnna, coa adición do sufixo latino -ula, que indica diminutivo,[4] debido a que son de moito menor tamaño que as anternas do segundo par.

No céfalon, debaixo do ollo, pódense ver a anténula e, debaixo, a antena.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads