Estatocisto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os estatocistos[1] son os órganos do equilibrio dos invertebrados acuáticos, como os bivalvos,[2] os cnidarios,[3] os equinodermos,[4] os cefalópodos[5] e os crustáceos.[6]

Unha estrutura similar encóntrase tamén nas especies do xénero Xenoturbella.[7]
Teñen unha estrutura en forma de saco, cun epitelio de células ciliadas, un líquido e estatólitos no seu interior. Estes últimos son masas calcarias que, ao desplazárense pola acción da gravidade e o movemento propio do animal, premen sobre o epitelio ciliado, o cal, mediante conexións nerviosas, manda a información ao centro elaborador da posición na que se encuentra.
O seu equivalente en vertebrados corresponde aos otólitos, situados no oído interno, polo que neles fálase dun sistema estato-acústico.
Remove ads
Etimoloxía
O termo estatocisto está fomado polos elementos estato-, do latín científico staticus, tirado do grego antigo στατικός statikós, de ἱστάναι histánai, 'poñer de pé', e -cisto, do grego κύστις kýstis, 'vexiga'.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads