Anthriscus
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Anthriscus é un xénero da familia Apiaceae, estendido por toda Europa e as zonas temperadas de Asia. Consta de 88 especies descritas e destas, só 16 aceptadas, algunhas das cales herbas velenosas.
Os membros do xénero vexetan en prados e bordos de camiños sobre solos húmidos e lixeiramente porosos.[1]
Remove ads
Descrición
As follas son 2-3-pinnadas, glabras a pubescentes; con segmentos lanceolados, aserrados a pinnatífidas. Invólucro de 1 ou 2 brácteas ou carecen. Raios florais 10-15. Involucelo de varios bractéolas. Dentes do cáliz obsoletos. Pétalos brancos. Froitos oblongos, tuberculados e hirsutos, raramente glabros, cristas non prominentes.[2]
O talo oco destas especies é erecto e ramificado e coroado de umbelas compostas de pequenas flores brancas ou verdosas. As follas son bipinnadas ou tripinadas.
Remove ads
Taxonomía
O xénero foi descrito por Christian Hendrik Persoon e publicado en Synopsis Plantarum 1: 320. 1805.[2] A especie tipo é a Anthriscus vulgaris Pers.
O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.[3]
Especies
A continuación dáse unha lista das especies do xénero Anthriscus aceptadas até xullo de 2013, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.
- Anthriscus africana Hook,f.
- Anthriscus caucalis M.Bieb.
- Anthriscus cerefolium (L.) Hoffm.
- Anthriscus fumarioides (Waldst. & Kit.) Spreng.
- Anthriscus glacialis Lipsky
- Anthriscus kotschyi Fenzl ex Boiss.
- Anthriscus lamprocarpa Boiss.
- Anthriscus mollis Boiss. & Reut.
- Anthriscus nemorosa (M.Bieb.) Spreng.
- Anthriscus nitida (Wahlenb.) Garcke
- Anthriscus ruprechtii Boiss.
- Anthriscus schumalhauenii (Albov) Koso-Pol.
- Anthriscus stocksiana (Boiss.) Koso-Pol.
- Anthriscus sylvestris (L.) Hoffm.
- Anthriscus tenerrima Boiss. & Spruner
- Anthriscus velutinus Sommier & Levier
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads