Antonio Taboada Nieto
músico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Antonio Taboada Nieto, nado en Pontevedra en 1869 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 1943[1], foi un músico galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antonio Taboada.
Traxectoria
Quedou cego moi novo. Estudou piano, frauta, harmonía e composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes. Como compositor é autor da zarzuela Los hijos de Minerva e outras obras en diversos xéneros musicais.
Recoñecementos
A Deputación de Pontevedra creou en 1943 o premio Antonio Taboada Nieto para ampliación de estudos de piano[2].
Vida persoal
Casou con Francisca Tabanera Alén, finada en 1937[3], e foi pai de Antonio, Eusebio (mestre) Jesús (militar), Prudencio (comercial e membro da Asambreia de Mocedades Nacionalistas), Isidro (militar)[4] e Francisca Taboada Tabanera (n. 1914).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads