Antonio Taboada Tundidor

avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Taboada Tundidor
Remove ads

Antonio Taboada Tundidor, nado en Ourense o 15 de novembro de 1888 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1959, foi un avogado e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de Juan Taboada González e irmán de Carlos Taboada Tundidor. Licenciado en Dereito. Foi xuíz de primeira instacia do Carballiño, Quiroga (1914-1920),[1] e Céuta. Militou no Partido Conservador, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1920 e 1923. Na ditadura de Primo de Rivera reingresou na carreia xudicial e foi nomeado xuíz de primeira instancia de Motilla del Palancar en 1924.[2] Despois foi fiscal da Audiencia de Palencia en 1927,[3] e da de Bilbao en 1928.[4] Coa caída da ditadura foi nomeado Subsecretatario do Ministerio de Xustiza e Culto en febreiro de 1930,[5] e actuou como Ministro de Graza e Xustiza interino do 22 de setembro ao 6 de outubro de 1930. Foi director xeral de Obras Públicas a finais de 1930. Unha vez proclamada a República, foi conselleiro do Banco de Crédito Local (1931-1932) e deputado pola provincia de Ourense polo Partido Agrario Español nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Foi secretario do Congreso en 1934 e fiscal do Tribunal Supremo do 23 de decembro de 1935 ao 2 de xaneiro de 1936.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads