Antonio Usero Torrente

farmacéutico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonio Usero Torrente
Remove ads

Antonio Usero Torrente, nado en Ferrol o 17 de abril de 1879[1] e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1969, foi un farmacéutico e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo dun oficial de Infantaría de Mariña e irmán de Matías Usero Torrente. Abandonou os estudos militares para cursar Farmacia por libre na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade Central de Madrid. Foi elixido concelleiro de Ferrol entre 1916 e 1920. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Ferrol en marzo de 1924.[2] Durante o seu mandato realizouse a traída de augas desde A Fervenza e a rehabilitación da antiga prisión para destinala a Instituto de Ensinanza Media.

Predecesor:
Rafael Romero Filgueira
 
Alcalde de Ferrol
 
1924 - 1930
Sucesor:
José Lloveres Martínez
Remove ads

Visa persoal

Casado con María del Carmen Tíscar Casanova, tivo catro fillos e tres fillas: Pilar, Carlota, Matías, Antonio (tamén farmacéutico), María del Carmen, Ángel (psiquiatra) e Francisco Usero Tíscar (farmacéutico e avogado).[3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads