Antonov An-148

From Wikipedia, the free encyclopedia

Antonov An-148
Remove ads

O Antonov An-148 (ucraíno: Антонов Ан-148) é un reactor de pasaeiros rexional deseñado pola compañía ucraína Antonov e producido por esta e a planta rusa Voronezh. O seu desenvolvemento comezou na década dos 90 e o seu voo de estrea realizouse o 17 de decembro de 2004. O avión completou o seu programa de certificación o 26 de febreiro de 2007. O An-148 ten un alcance máximo de 2.100–4.400 km e é capaz de transportar 68–85 pasaxeiros, dependendo da configuración.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

O Antonov An-158 é unha versión coa fuselaxe alongada que pode levar ata 99 pasaxeiros.

Remove ads

Características

O An-148 é un monoplano de á alta con dous motores turboventilador montados en góndolas baixo as ás. Esta disposición protexe aos motores e á estrutura das ás do dano de obxectos estraños. A incorporación dun sistema de autodiagnóstico, a unidade de potencia auxiliar, alta fiabilidade e a configuración das ás permítenlle ao An-148 ser usado en aeroportos pobremente equipados. Un moderno equipo de voo e navegación, contando con cinco pantallas de cristal líquido (LCD) de 15x20 cm fabricadas pola rusa Aviapribor e un sistema fly-by-wire, permítenlle operar e case calquera condición de luz, meteorolóxica ou de densidade de tráfico. Semellante ao do Boeing 737, o tren de aterraxe principal métese no bandullo do aparello cando este está en voo, con portas que cobren parcialmente as patas e quedando as rodas desubertas. Está equipado con motores Motor Sich D-436-148 de alta eficiencia, e tamén conta con escaleiras que permiten embarcar e desembarcar sen equipo extra en terra.[1]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads