Anubis
deus exipcio From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Anubis (/aˈnu.β̞is/; do grego antigo: Ἄνουβις), tamén coñecido en exipcio antigo como Inpu, Inpw, Jnpw ou Anpu (en copto: ⲁⲛⲟⲩⲡ, romanizado: Anoup) era o deus dos ritos funerarios, o protector das tumbas e o guía do inframundo na civilización exipcia antiga. Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Os arqueólogos identificaron o animal sagrado de Anubis co chacal dourado, mais recentes probas xenéticas indican que se trataba do lobo dourado africano.[1][2][3][4]
Remove ads
Nome
"Anubis" é o termo grego adaptado do nome exipcio do deus.[5] No Imperio Antigo de Exipto (c. -2686 e c. -2181), a forma estándar do nome escrito en xeróglifos estaba composto dos sons ı͗npw seguido dun "chacal"[6] sobre un símbolo Hotep:[7]
Unha nova forma co "chacal" nun alto apareceu a finais do Imperio Antigo e fíxose común a partir de entón:[7]
Segundo a transcrición acadia nas cartas de Amarna, o nome de Anubis (ı͗npw) era vocalizado en exipcio como Anapa.[8]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
