Ángel Serafín Porto Ucha

docente e investigador galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Ángel Serafín Porto Ucha
Remove ads

Ángel Serafín Porto Ucha, nado en Guláns (Ponteareas) o 1 de abril de 1945[1], é un docente e investigador galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Tras formarse e exercer como mestre de ensino primario, doutorouse en Filosofía e Ciencias da Educación na UNED coa tese La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1985). Foi titor no Centro Rexional da UNED en Pontevedra e Profesor Titular de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela dende 1989 ata 2014, ano en que se xubilou[2]. Dende entón é profesor ad Honorem.

Leva publicado numerosos libros e artigos sobre a Institución Libre de Enseñanza e as súas relacións con Galicia, a depuración do maxisterio, os procesos de formación docente, e historias de vida de mestres e mestras[3].

Remove ads

Publicacións

  • La Institución Libre de Enseñanza en Galicia (1986). Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
  • A Escola Normal de Santiago de Compostela: de Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). (2000). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. En colaboración con Aurora Marco.
  • Historias de vida: O Maxisterio Pontevedrés na Segunda República, Guerra Civil e Franquismo (2003). Pontevedra: Alén Miño.
  • María de Maeztu: Una antología de textos (2015). Madrid: Dykinson. En colaboración con Raquel Vázquez Ramil, ao igual que os posteriores.
  • La escuela activa y el entorno: Una aproximación a través de los paseos, visitas y excursiones durante la Segunda República (2018). Santiago de Compostela: Andavira.
  • La Casa del Maestro de Pontevedra (1934-1936). Organización societaria e depuración do maxisterio (2019). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve.
  • O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela. Nacemento e evolución (1969-2019). (2019). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads