Aurora Marco
ensaísta galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.
Remove ads
Traxectoria
A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.
Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994,[1] materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.
Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.[2]
Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc.[3] As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.[4]
En 2011, recibiu da Academia Galega do Audiovisual o Premio Mestre Mateo ao mellor documental, por As silenciadas, que foi dirixido por Pablo Ces e coproducido por ela, cun guión baseado no seu libro Mulleres na guerrilla antifranquista.[5]
Durante a década dos anos 80, comezou un traballo de investigación no que realizou a biografía de máis de 400 mulleres galegas, dende o século IV e até 1975, que deu como froito o libro Elas,[6] que foi publicado en 2015. Na ilustración da obra participaron 8 artistas galegas: Chelo Rodríguez, Irene Silva Xiráldez, Ehlaba Carballo, María Manuela, María Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro.[7][8]
Remove ads
Obra en galego
Ensaio
- Foula e ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941) (1992). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-604-4028-1.
- As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-19-9.
- Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002). Ediciós do Castro. 159 páxs. ISBN 9788484850939.
- Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura (2003). Toxosoutos. 438 páxs. ISBN 84-95622-84-X.
- Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie (2003). Toxosoutos. 216 páxs. ISBN 978-84-96259-03-4.
- Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007). Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-8483411469[9]
- Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011). Laiovento. 532 páxs. ISBN 84-8487-211-5.[10]
- Elas (2015). A Xanela Editorial.[7][8]
- Irmandiñas (2020). Laiovento.[11]
- Carmiña Sierra A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (2023). Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-45-2.

Edicións
- O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Ediciós do Castro.
- Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Ediciós do Castro.
- Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento.
- Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Ediciós do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
- Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Actas do Seminario Interdisciplinar, Santiago, 1996 (1997). Santiago de Compostela.
- Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos.
- O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia.
- Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.
Obras colectivas
- Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
- O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Ediciós do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
- Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
- Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
- A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
- Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
- As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.
Remove ads
Obra en castelán
Ensaio
- El gallego de López Ferreiro (1978). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-102-7.
Obras colectivas
- Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago.
- Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
- Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
- Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.
Premios
- Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991.
- Premio Literario Ánxel Fole no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero (1910-1941).
- Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011 por As silenciadas, guión e coprodución de Aurora Marco.[5]
- Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega.
- Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, traballo co que Aurora Marco e Pablo Ces gañaron o segundo premio Xohana Torres, convocado polo Concello de Santiago de Compostela e pola USC.[12]
- Premio Sereo da Asociación Cultural Barbantia (2013), polo seu traballo a prol da cultura galega.
- Republicana de Honra da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (2014), polos seus traballos de memoria histórica das mulleres.[13]
- Premio Mulleres en Acción, Cangas (2015).
- Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda (2016)
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por Irmandiñas.[14]
- 2022: III Premio de Investigación Baltar Feijóo por Irmandiñas.[15]
- 2023: Foi recoñecida como Señora das Letras pola plataforma de crítica literaria feminista A Sega para celebrar o Día das Galegas nas Letras.[16]
- 2025: Premio Ernestina Otero do Concello de Vigo.[17]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads