Anzoátegui

From Wikipedia, the free encyclopedia

Anzoáteguimap
Remove ads

Anzoátegui é un dos 23 estados federais de Venezuela. A súa capital e cidade máis poboada é Barcelona. Atópase na rexión nororiental do país, limitando ó norte co mar Caribe (océano Atlántico), ó nordeste con Sucre, ó leste con Monagas, ó sur co río Orinoco que o separa de Bolívar, ó oeste con Guárico e ó noroeste con Miranda. Con 43 300km² é o sexto estado máis extenso (por detrás de Bolívar, Amazonas, Apure, Guárico e Zulia) e con 1 440 875 habitantes (segundo o INE de Venezuela) é o sétimo máis poboado, por detrás de Zulia, Miranda, Carabobo, Distrito Capital, Lara e Aragua.[1]

Datos rápidos Himno, Lema ...

Posúe 21 concellos e 49 parroquias civís. As súas principais cidades son: Barcelona, Puerto La Cruz, Puerto Píritu, Pariaguán, Lechería, Guanta, El Tigre, Anaco e Cantaura.

Remove ads

Historia

Leva o nome do heroe da independencia venezolana, José Antonio Anzoátegui (1789–1819). A cidade de Barcelona, que é a capital do estado, foi fundada en 1677. O presente estado Anzoátegui foi incluído dentro da provincia de Cumaná, que formaba á súa vez parte da Capitanía Xeneral de Venezuela, xunto coas provincias de (Güiana, Maracaibo, Caracas, Margarita e Trinidad). En 1810, separouse da provincia de Cumaná. Non foi até 1909 que conseguiu a súa actual distribución administrativa.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads