Estado Bolívar

estado From Wikipedia, the free encyclopedia

Estado Bolívarmap
Remove ads

O Estado Bolívar é unha das 24 entidades federais de Venezuela, situada na Rexión Güiana, ao sueste do país.

Datos rápidos Himno, Epónimo ...

Ten unha extensión xeográfica de 238800 km², o que representa o 25,96 % do territorio nacional, o que o fai o estado máis grande de Venezuela.

O seu territorio está ocupado case na súa totalidade polo macizo güianés.

Ten, segundo a estimación do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela para o ano 2015, unha poboación de 1.824.190 de habitantes,[1] o que o converte no 7º estado máis poboado de Venezuela.

Limita ao norte cos estados de Guárico, Anzoátegui, Monagas e Delta Amacuro, ao sur co Brasil, ao leste coa Güiana Esequiba, en disputa coa República Cooperativa de Güiana, e ao oeste cos estados de Apure e Amazonas.

A súa capital é Ciudad Bolívar, e comprende 11 municipios autónomos con 47 parroquias. As súas principais cidades son, ademais da capital, Ciudad Guayana (a máis poboada do estado), Upata e Caicara del Orinoco.

Remove ads

Historia

Thumb
Mapa da República da Gran Colombia

Durante a colonia, formou parte da provincia de Nueva Andalucía e, máis tarde, uniuse coa provincia de Güiana, a partir de 1777 cando o rei Carlos III de España creou a Capitanía Xeneral de Venezuela.

En 1821, durante a existencia da Gran Colombia), pasou a ser o departamento de Orinoco, coa maior extensión da época (cuxa capital era Santo Tomé de la Nueva Guayana de la Angostura del Orinoco ou, máis brevemnente, Angostura).

Cando se disolveu a Gran Colombia, o territorio cambiou a provincia de Güiana até 1854, cando pasou a ser provincia de Orinoco (cuxa capital era Ciudad Bolívar).

Despois da separación, en 1856 do daquela chamado Territorio Federal Amazonas, a provincia de Güiana pasou, no aoo 1864, a chamarse estado Güiana, unha vez que na Guerra ou Revolución Federal chegou ao poder Juan Crisóstomo Falcón.

En 1881, converteuse nunha das nove entidades políticas en que se dividiu o país, recibindo o nome de Grande Estado Bolívar, conformado pola Güiana e Apure.

No ano 1887 segrégase do estado Güiana o actual estado Delta Amacuro.

En 1889 prodúcese a separación e o establecemento da autonomía dos estados Apure e Güiana, e é a partir da Constitución de 1901 cando se cambia o nome de estado Güiana por estado Bolívar, como homenaxe ao ibertador Simón Bolívar, quen establecera na cidade de Angostura, hoxe Ciudad Bolívar, as bases da acción que lle permitiu liberar de España as actuais nacións bolivarianas (Venezuela, Colombia, Panamá, Ecuador, Perú e Bolivia).

Remove ads

Organización político-territorial

O Estado Bolívar comprende 11 municipios, indicados a continuación, con 48 parrroquias:[2]

Máis información Municipio, Capital ...
Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads