Aplodontia rufa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aplodontia rufa, coñecida na bibliografía internacional como castor de montaña, é unha especie de mamífero da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, a única da familia dos aplodontíidos,[2] e do seu único xénero, Aplodontia.[3]
Pese ao seu nome común, non é nin un castor nin necesariamente un animal propio dos montes.[4]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
Xénero
O xénero foi descrito en 1829 polo cirurxián e explorador escocés John Richardson.[3]
Especie
A especie describiuna en 1817 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque,[2] baixo o nome de Anisonyx rufa, nun traballo publicaso en Am. Mon. Mag. vol.2, p.45.[5]
Subespecies
Recoñécense sete subespecies de Aplodontia rufa:[2]
- Aplodontia rufa californica (Peters, 1864)
- Aplodontia rufa humboldtiana Taylor, 1916
- Aplodontia rufa nigra Taylor, 1914
- Aplodontia rufa pacifica Merriam, 1899
- Aplodontia rufa phaea Merriam, 1899
- Aplodontia rufa rainieri Merriam, 1899
- Aplodontia rufa rufa (Rafinesque, 1817)
Remove ads
Características
O seu dentame é 1.0.2.3-1.0.1.3
Fisioloxicamente está limitado a microambientes húmidos, necesitando invernos non moi rigurosos, xa que non é capaz de conservar a calor corporal tan eficientemente como outros xéneros de roedores que non hibernan.[6]
Reprodución
A estación de cría é de xaneiro a marzo, con de 2 a 3 crías por camada, que nacen de febreiro a abril. Nacen sen pelo, coa pel de cor rosada, e cegos. A súa lonxevidade é de 5 a 10 anos.[6]
Esado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status do castor de montaña como de LC (pouco peocupante) porque é unha especie común e moi estendida, e é improbábel que estea a diminuír o suficientemente rápido como para incluíla nunha categoría máis ameazada.[1]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads