Apollo 12
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Apollo 12 foi o sexto voo tripulado do Programa Apollo dos Estados Unidos, e o segundo en aterrar na Lúa. Lanzouse o 14 de novembro de 1969 dende o Centro Espacial Kennedy en Florida, catro meses despois do Apollo 11. O comandante da misión Charles "Pete" Conrad e o piloto do módulo lunar Alan L. Bean levaron a cabo un día e sete horas de actividade na superficie lunar mentres o piloto do módulo de mando Richard F. Gordon permaneceu na órbita lunar. O lugar de aterraxe da misión foi na porción sueste do Océano de Tormentas.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Ó contrario que a primeira chegada á Lúa no Apollo 11, Conrad e Bean acadaron unha aluaxe precisa no lugar esperado, o lugar da misión non tripulada Surveyor 3, que aluara o 20 de abril de 1967. No seu equipo levaron a primeira cámara de televisión a cor á superficie da Lúa nun voo Apollo, pero a transmisión perdeuse debido a que Bean destruíu accidentalmente a cámara ó apuntar con ela cara ó Sol. Nunha das dúas camiñadas lunares, visitaron o Surveyor e recolleron algunhas partes para levalas de volta á Terra. A misión rematou o 24 de novembro cunha amaraxe exitosa.
Remove ads
Tripulación
- Charles Conrad: voou nas misións: Gemini 5, Gemini 11, Apollo 12 e Skylab 2), Comandante.
- Richard Gordon: voou en: Gemini 11 e Apolo 12), Piloto.
- Alan Bean: voou en: Apollo 12 e Skylab 3), Piloto do módulo lunar.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apollo 12 |
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads