Skylab 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Skylab 3 foi a segunda misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 28 de xullo de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]
Remove ads
Características
Skylab 3 continou as tarefas de reparación comezadas coa misión Skylab 2. A nave Apolo nada que viaxaba a tripulación sufriu dun escape de oxidante no circuíto dos propulsores de control de reacción, pero non causou máis problemas tras illarse o circuíto e usar o de apoio, aínda que un problema similar ocorreu noutro circuíto antes do final da misión. Durante a misión instalouse un escudo solar e realizáronse experimentos científicos e médicos. Sustituironse tamén as películas da cámara do telescopio Apolo. Os astronautas da misión, Alan Bean, Owen K. Garriott (que volvería ó espazo na lanzadeira Columbia)[7] e Jack Lousma, sufriron de mareo espacial durante os tres primeiros días de misión.[2][3][4][5]
A misión Skylab 3 rematou o 25 de setembro de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas no interior amarou no océano Pacífico a uns 300 km ao oeste de San Diego (California). Aos astronautas recolleunos o buque USS New Orleans e devolveunos sans e salvos a terra.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads